Concello de Sanxenxo - A instalación do Club de Piragüismo modular temporal terá especial coidado coa zona dunar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nos próximos días formalizarase a adxudicación do club de piragüismo modular temporal á empresa COVIASTEC e o goberno fará especial fincapé na protección e o coidado da zona dunar.

Para a formalización deste contrato, a empresa ten un prazo de 7 días, para a presentación da documentación requirida e o depósito do aval.

Coviastec, ofertou entre as súas melloras, unha redución no prazo de execución da obra de 30 días, e un incremento na garantía de 5 anos. Ademais, a súa oferta económica foi a máis baixa, cun orzamento de 261.383, 90€.

Na súa oferta, presentaron unha memoria descritiva e de organización detallada, así como unha descrición da maquinaria concreta a utilizar durante a execución das obras, para previr impactos na zona dunar. Neste espazo o perímetro para instalar será cunha estrutura que respecte e coide en todo momento este ambiente protexido. Este punto foi moi ben visto e valorado polo goberno local.

Este proxecto leva a cabo co obxectivo de instalación de dúas naves temporais modulares, que se instalarán onde actualmente se atopa o módulo de servizos, e unha vez se dispoña dun club de piragüismo definitivo, poderán ser utilizadas como equipamentos noutras praias ou noutras zonas do Concello, onde se considere necesario.

O CLUB

O acceso ao novo club farase pola rampa de formigón que xa hai para acceder á praia, e o exterior vaise revestir cunha celosía de listóns verticais de madeira natural para reducir o impacto visual e mellorar a integración do edificio na súa contorna.

Vaise instalar un valado lixeiro de madeira natural xunto á pasarela de madeira para protexer a vexetación dunar e tamén se van a rexenerar as zonas de duna próximas que están degradadas.

Hai que lembrar que o novo club de piragüismo ten unha superficie de 294 m2 e está formado por 2 naves de 23,50m. de longo, por 12,50m. de ancho e unha altura máxima de 4,90 m. As naves contarán con dúas portas de 1,60 m. para embarcacións e outras dúas de 0.90 m para peóns. Inclúen un almacén para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 k-2 ou 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.

 

0
0
0
s2sdefault