Concello de Sanxenxo - Curso de monitor/a de tempo libre
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación Xuvenil Saraiba do Mar e a Escola de Tempo Libre Balea poñen en marcha un Curso de Monitor de Tempo Libre no Concello de Sanxenxo.

O curso dará comezo o 9 de febreiro e rematará o 14 de abril. As clases serán impartidas no Usos Múltiples de Portonovo os sábados e domingos.

O custo da formación será de 275 €, e todos os/as interesados/as poderán inscribirse ata o 6 de febreiro na dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os requisitos para a inscrición son ser maior de idade e ter a ESO ou equivalente.

Esta titulación capacita para poder traballar en campamentos e actividades de tempo libre, formación cada ano máis requerida na nosa contorna, sobre todo na tempada estival.

Había dez anos que non se poñía en marcha esta formación en Sanxenxo, por iso a importancia de ter esta nova oportunidade de aprendizaxe e traballo.

0
0
0
s2sdefault