Concello de Sanxenxo - Esta semana comezou a prolongación da rede de abastecemento de auga desde Buezas ata Aldariz
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

No día de onte comezaron os traballos de prolongación da rede de abastecemento de auga desde Buezas (Nantes) ata Aldariz (Padriñán).

Esta actuación ten un orzamento que ascende a 47.650€, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A día de hoxe, existen varios lugares do termo municipal, que carecen do servizo básico de abastecemento de auga, e é intención do goberno levar a cabo actuacións en diferentes puntos para liquidar esta situación.

Un deles, é Aldariz, que desde hai anos xa dispón da tubaxe de abastecemento de auga, pero esta rede non está en servizo debido a que non existía a posibilidade técnica de fornecerlle auga a través do depósito regulador que hai en Padriñán.

Recentemente terminouse a obra de construción dun depósito regulador para o abastecemento en Buezas, co cal este problema queda liquidado e existe a posibilidade de que a rede de Aldariz entre en funcionamento. Para isto, faise necesaria a prolongación da rede para a unión entre ambos lugares.

Esta actuación que se estende ao longo de 400 m lineais, ten un prazo de execución de 3 meses, e consistirá na apertura dunha gabia, a instalación das canalizacións e válvulas e a reposición do firme afectado.

Para a execución desta obra foi necesario solicitar autorización sectorial ao Instituto de estudos do Territorio, por estar a zona afectada polo Plan de Ordenación do Litoral.

 

0
0
0
s2sdefault