Concello de Sanxenxo - O goberno licita a rehabilitación da Casa Priorato de Arra
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno sacou a licitación unha nova actuación na Casa Priorato de Arra, que permitirá convertela nun centro de uso e goce de todos os veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio.

Así cun orzamento de 185.000€, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, van acondicionar na planta baixa: un local de ensaios, dous locais para asociacións, un terceiro local a modo de almacén, aseos masculinos e femininos, un distribuidor e un alpendre.

Na primeira planta, farase unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un hall. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 m2.

Ademais, a edificación dispón dun patio interior ao aire libre, que poderá ser utilizado para a realización de actividades no exterior.

Con esta terceira fase e as dúas anteriormente realizadas, súmase un investimento total na casa de 399.000€. Recentemente levouse a cabo unha actuación importante, que consistiu na restauración da cuberta e os muros de cerramento da edificación, na que se investiron 190.000€. Ademais, instaláronse xanelas e portas cun orzamento aproximado de 24.000€.

Esta casa, é unha edificación de carácter tradicional, actualmente sen uso, que no seu momento foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira.

 

0
0
0
s2sdefault