Concello de Sanxenxo - A unidade móbil da ITV estará en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

ITV TURISMOS

A unidade móbil de Inspección Técnica de Turismos permanecerá no Concello desde o día 4 ao 11 de febreiro.

O horario de apertura será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, de luns a venres, excepto o día 11, que o horario será só de mañá.

ITV CICLOMOTORES

A unidade móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores, tamén estará no noso municipio o 26 e 27 de febreiro.

O horario de apertura será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

Co fin de facilitar aos veciños a inspección periódica dos seus vehículos, as instalacións estarán situadas na zona do Campo de Fútbol de Baltar, en Portonovo e poderase solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0
0
0
s2sdefault