Concello de Sanxenxo - Convocatoria de Axudas GDR Salnés-Ulla-Umia
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O GDR Salnés-Ulla-Umia celebrou a pasada semana a primeira reunión do ano da Xunta Directiva co obxecto de aprobar os Gastos de funcionamento e de Difusión 2019, aprobación dos Cadros Financeiros 2019-2020, a tamén a ampliación da Póliza de crédito coa entidade ABANCA así coma a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas entidades.

Como asistentes desta xuntanza contamos coa nosa Presidenta Lourdes Ucha Varela, co Alcalde de Pontecesures, como Tesoureiro Juan Manuel Vidal Seage, co Alcalde de Cuntis Manuel Campos Velay, e demais membros da Xunta Directiva.

Como punto importante desta reunión informouse dos prazos da nova Convocatoria de axudas 2019 que remata o próximo 31 de marzo. Nesta data o GDR recepcionará tódolos expedientes presentados e procederá a súa valoración, tendo en conta que se adaptan á Estratexia do programa e se valorarán segundo o Baremo aprobado polo grupo estimando as porcentaxes de subvención.

Os cadros financeiros aprobados do GDR contemplan unha dotación orzamentaria de 241.181,18 € para a anualidade 2019 e de 361.771,77 € para o 2020, sendo un total de 602.952,95 € repartidos para cada unha das tipoloxías de proxectos: produtivos, non produtivos para entidades locais e non produtivos para asociacións de carácter privado, aos cales se lle engade a partida orzamentaria da anterior convocatoria para o ano 2019, chegando ao importe total de case 1M€ a repartir entre os mellores proxectos presentados neste ano.

Nesta reunión fíxose balance do programa dende o ano 2017, acadando proxectos cunha inversión total de case 4M€ e con axudas por importe de 1,8M€, e a creación e consolidación de 135 de postos de traballo no noso territorio.

O período para presentar solicitudes ao programa LEADER seguirá aberto ata o ano 2020, pero é moi importante presentalas antes do 31 de marzo para ter posibilidade de acceder ás nosas axudas, animamos a tódolos emprendedores a que presenten as súas ideas e proxectos. Mais información en www.gdrsalnesullaumia.com e os teléfonos 986 744 909 e 650 255 914.

0
0
0
s2sdefault