Concello de Sanxenxo - A Concellería de Medio Ambiente realiza unha nova actividade enmarcada dentro do Plan Municipal de Educación Ambiental
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co Departamento de Animación Sociocultural, organiza a actividade Tesouros No Lixo, enmarcada dentro do Plan Municipal de Educación Ambiental.

A temática a tratar é a recollida selectiva do lixo nos nenos e nenas de educación infantil.

Con este obradoiro preténdese que os nenos e nenas de entre 3 e 5 anos se conciencien da importancia de separar o lixo en orixe (nos seus fogares) así de como facelo correctamente. Deste modo fomentamos nos máiis pequenos actitudes responsables no momento de desfacerse dos seus residuos.

Os destinatarios da actividade, que se desenvolverá ao longo desta semana, son os alumnos de educación infantil dos diferentes centros educativos do municipio, chegando a uns 290 nenos e nenas.

As sesións, que teñen unha duración aproximada de 50 minutos son principalmente práctica e comezan coa reprodución dun DVD, baseado na obra de monicreques “Tesouros no lixo”, da compañía teatral Sol y Tierra.

Esta obra de carácter pedagóxico, trata unha temática medioambiental, na que se explica o reciclado e a separación de lixos cuns personaxes moi peculiares. Así mesmo, os máis pequenos participarán activamente na obra, xa que se involucrarán nunha parte da mesma.

Posteriormente as animadoras socioculturais do Concello repasan os conceptos traballados na proxección, mediante os personaxes da obra proxectada, e logo realízase un obradoiro de imáns de neveira sobre colectores do lixo cos personaxes protagonistas da historia.

0
0
0
s2sdefault