Concello de Sanxenxo - O goberno acometerá obras de mellora na Rúa Constitución
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local levará a cabo unha actuación na rúa constitución, a rúa que da acceso ao parque de Panadeira.

Cun orzamento que ascende a 39.000€, unificarase a estética urbanística da zona, empedrando o chan e terminando así coas fochancas e beirarrúas rotas deste vial.

A actuación abarca unha extensión de 380 m2, e espérase que mellore, humanice e modernice o acceso ao novo parque da Panadeira, cuxas obras terminarán nos próximos días.
 
0
0
0
s2sdefault