Concello de Sanxenxo - O goberno acomete melloras nun vial de Barbeito
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana comezaron as obras do Camiño de Barbeito, un vial cun alto uso diario, sobre todo polas persoas que acceden por el ao Colexio Abrente.

Debido ao uso e ao paso dos anos, atopábase moi deteriorado, con grandes fochancas e roturas no pavimento que formaban charcos e dificultaban o paso do tránsito rodado.

Nun primeiro momento íase executar a nova pavimentación do vial, pero unha vez estudada a situación da rede de abastecemento de auga, levarase a cabo unha substitución da mesma, a instalación de recollida de pluviais, cos seus correspondentes sumidoiros e a pavimentación con aglomerado en quente.

0
0
0
s2sdefault