Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO IMPULSA UN PROCESO PARTICIPATIVO NO MARCO DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Entre os vindeiros 25 de febreiro e 12 de abril terán lugar no Concello de Sanxenxo os encontros abertos para definir coa veciñanza as liñas do Plan Estratéxico de Mobilidade Sostible, no que a Concellaría de Urbanismo está a traballar, grazas a unha liña de financiación da Deputación de Pontevedra.

Estes encontros, nove de carácter territorial e seis sectoriais, celebraranse no Salón de Plenos do Concello e teñen como obxectivo  recoller as percepcións da veciñanza no que atinxe a cuestións de mobilidade urbana. Esta información, xunto coas enquisas de mobilidade que se realizarán paralelamente en emprazamentos estratéxicos do Concello, constituirán a base do traballo para a redacción do Plan Estratéxico de Mobilidade Sostible. Este traballo está sendo desenvolvido por un equipo técnico independente de urbanistas e mediadoras, e os seus resultados serán compartidos coa cidadanía a mediados do vindeiro mes de abril.

A primeira reunión terá lugar o próximo martes día 26 con representantes de CETS, Entretendas e Taxistas. E, a segunda das reunións será o mércores 27 coa Federación de ANPAs do municipio.

Son numerosos os Concellos da provincia incluídos na liña de subvencións da Deputación para a redacción de Plans de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Os PMUS son instrumentos básicos para a ordenación e planificación da mobilidade das persoas e mercadorías a nivel urbano. O seu obxectivo é posibilitar e favorecer formas de desprazamento máis sustentables dentro dun núcleo de poboación, como camiñar, a bicicleta, ou o transporte público. Buscan garantir a calidade de vida para a cidadanía, compatibilizando o crecemento económico coa cohesión social e o coidado do medio ambiente.

Igual ca no caso de Sanxenxo, todos os PMUS inclúen un plan de participación social e comunicación para garantir procesos de calidade e nos que a veciñanza forme parte activa do desenvolvemento dos seus núcleos poboacionais.

 

0
0
0
s2sdefault