Concello de Sanxenxo - A XXIV Edición da Festa da Raia supera con creces as cifras de 2017 e 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

2.904 RACIÓNS SERVIDAS NA LONXA, 500 MÁIS, E 1.760 TAPAS SERVIDAS NOS LOCAIS DA RUTA DO PINCHO E RAIA, 50 MÁIS QUE O ANO PASADO.

A XXIV Edición da Festa da Raia en Portonovo, congregou na Lonxa a miles de persoas durante esta fin de semana. Un total de 2.904 racións foron servidas nas instalacións da Lonxa para celebrar esta festa gastronómica. Un dato que supera ao do ano 2018 en case 500 pratos máis.

O prato estrela da festa continúa sendo a Raia en Caldeirada, pero tamén tiveron moito éxito o salpicón de raia, a empanada e as crocretas.

A Ruta do Pincho e Raia tamén superou as cifras do ano pasado con 1.760 tapas vendidas, superando en 50 ás do ano pasado.

O goberno quere agradecer aos locais da vila a súa implicación e colaboración e anima aos demais establecementos a que se sumen ás sucesivas convocatorias da ruta. Os participantes deste ano foron: A Batea, A Codia, A Taberna do Varadoiro, Cervexaría Azor, Cova de Ons, Mar do Pintor, Mesón Fontán, Pepa A Loba, Restaurante Xerfa e Taberna Viña Pedreira. En xeral, a maior parte deles fan unha valoración moi positiva en canto ás racións vendidas e o ambiente durante a fin de semana.

Os tres showcooking realizados foron unha boa forma de achegar este produto ao público asistente e dar a coñecer diferentes formas de preparalo. Moita expectación e interese espertaron os obradoiros de cestería, de cociña e de Amigos da Dorna, que congregaron a un elevado público infantil para aprender e gozar.

As exposicións de embarcacións, da maqueta da vila de Portonovo nos anos 60, a vespa raiada, a exposición fotográfica de Ollares de Portonovo e a música e os espectáculos tamén conseguiron dinamizar e animar a festa. Todo isto rodeado da experiencia + Cantos. Unha proposta destinada a gozar da nosa música popular e tradicional da man de Nelson Quinteiro.

Outra das actividades que espertou moito interese foi o RaiaRace e o Rastrexo da Raia. Estas actividades organizadas polo Club Corbelo e Celtic Box e New Bikes, congregaron a máis de 200 participantes, que ao longo da fin de semana gozaron das diferentes probas, tanto maiores como pequenos.

Un dos momentos máis emotivos da fin de semana e que máis público concentrou na lonxa foi o acto de entrega da Raia de Ouro, que este ano quixo recoñecer a traxectoria de Manolita Domínguez, a redeira máis famosa da Vila.

0
0
0
s2sdefault