Concello de Sanxenxo - A bandeira azul ondeará en Panadeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A praia de Panadeira recupera a bandeira azul e Sanxenxo amplía o seu liderado a nivel nacional cunha bandeira máis.

Coa chegada da bandeira azul á praia de Panadeira, Sanxenxo acumula 17 areais con bandeira azul dos 18 posibles. Así pois, Sanxenxo terá 14 bandeiras azuis en 17 areais.

A lista de bandeiras azuis é a seguinte:
- Areas
- Panadeira
- Silgar
- Baltar
- Caneliñas
- Canelas
- Paxariñas
- Montalvo
- Pragueira
- Major
- Bascuas
- A Lanzada - O Espiñeiro
- Foxos - Nosa Señora da Lanzada
- Areas Gordas - A Lapa

Coa recuperación desta bandeira, o goberno de Sanxenxo recuperou en tan só 2 anos, 3 bandeiras azuis que se perderon no pasado, Areas, Caneliñas e Panadeira.

Para recuperar a bandeira azul, Panadeira conseguiu ter unha calidade de auga calificada como “excelente”, nas mostras tomadas ao longo do ano. Ademais, contará con todos os requisitos esixidos para ondear a bandeira, socorristas, aseos, aseos adaptados, accesos en bo estado, paneis informativos, etc.

“O goberno mostra a súa satisfacción ante esta boa noticia, porque o traballo destes dous anos, concretouse no recuperar 3 bandeiras azuis en 3 praias moi concorridas. Isto non sería posible sen a magnífica colaboración de todo o persoal que intervén neste traballo, desde limpeza de praias, salvamento, persoal municipal e demais colaboradores da concellería. É por iso que o goberno quere agradecer a todo o persoal que fai posible o manter e seguir aumentando o abanico de bandeiras azuis”, destaca o alcalde, Telmo Martín.

Seguimos sendo líderes tamén nos “Sendeiros Azuis”: Tramo Sendeiro Máxico da Lanzada, Tramo Major - Montalvo, Tramo Montalvo - Paxariñas, Tramo Canelas - Punta Cabicastro, Tramo Sanxenxo - Portonovo e Tramo Areas - Punta Festiñazo. E co Centro Azul do Centro de Interpretacións As Telleiras.

 

 

0
0
0
s2sdefault