Concello de Sanxenxo - A saída hacia Sanxenxo dende a Autovía do Salnés ten nova iluminación
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Xunta de Galicia remata os traballos de reposición de alumeado iniciados en marzo e que dotan de novas luminarias á saída hacia Sanxenxo dende a Autovía do Salnés, a AG-41.

A intervención valorada en case 14.000 € foi contratada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e consistiu na extensión de 250 metros de cable para a subministración de enerxía e a substitución de 70 lámpadas LED nas luminarias existentes.

As obras realizáronse de xeito coordinado co Concello de Sanxenxo, que a partir de agora asumirá o mantemento e conservación desta instalación.

Esta acción resolve a falta de iluminación que se atopaba neste punto, xa que a alumeado público non funcionaba correctamente porque non tiña os cables axeitados e a maioría das lámpadas non eran eficientes enerxeticamente.

0
0
0
s2sdefault