Concello de Sanxenxo - Os datos de consumo de xuño superan os de 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

En xuño o aparcadoiro do porto deportivo recadou 51.615 € coa venda de 21.077 tickets, récord do mes de xuño desde a apertura do aparcadoiro en 2005. Ata agora a máxima recadación nun mes de xuño produciuse en 2016 con 50.317 €. A diferenza con 2018 aínda é maior cunha recadación de 45.345 € coa venda de 15.762 tickets.

O consumo de auga en xuño foi de 191.110 m3 fronte aos 174.932 m3 de 2018. O que representa un incremento do 8,5%.

Datos de recollida de lixo:

                               2019                 2018

RSU                        932.160 kg        967.840 kg
ENVASES               26.730 kg          26.670 kg
PAPEL                    47.370 kg          41.230 kg
VIDRO                     54.750 kg          32.500 kg
VOLUMINOSOS       22.350 kg          24.100 kg

TOTAL:                  1.083.360 kg      1.092.340 kg

O lixo recollido en xuño é un 0,8% inferior á do ano pasado. Hai outros datos relevantes como é a redución dos RSU á vez que se incrementa a recollida de vidro en 22.250 kg e a de papel con máis de 6.000 kg. A conclusión é que os veciños e visitantes cada vez reciclan máis.

UNHA PRIMAVERA MOI BOA

Os últimos datos de pernoitas hostaleiras publicados polo INE son dos meses de abril e maio.

As pernoitas hostaleiras en abril foron de 49.915, un incremento importante fronte ás 38.428 de 2018. Pode pensarse que influíu que en 2018 a semana santa caeu en marzo, con todo, as pernoitas en marzo de 2018 foron de 22.129. Os datos de abril de 2019 tamén superan os de 2017 con 48.383 pernoitas, cando a semana santa caeu en abril e, ademais, 2017 ten o récord histórico de ocupación hostaleira.

En maio houbo 49.404 pernoitas hostaleiras fronte ás 41.252 do mesmo mes en 2018 e as 35.939 de 2017. Á espera de que se publiquen os datos de xuño, aproximadamente nun mes, xa podemos dicir que a ocupación da primavera foi moi boa.

Datos que avalan a estratexia e os obxectivos que o goberno leva defendendo desde hai 2 anos, cando vimos insistindo que Sanxenxo ten un gran potencial fose do verán. Especialmente en meses como outubro, novembro, marzo, abril e maio.

 

0
0
0
s2sdefault