Concello de Sanxenxo - As Canteiras estreará nos próximos días o seu acceso mellorado no que se investiron 36.200 €
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vial que da acceso a As Canteiras, en Noalla, conecta unha das glorietas de acceso/saída da vía rápida co núcleo rural da parroquia.

Esta estrada soporta diariamente unha gran cantidade de tráfico rodado e en varios puntos existía un problema de seguridade, xa que non poderían cruzarse de forma segura dous vehículos en sentido contrario ao mesmo tempo. Por iso, en febreiro deste ano redactouse un proxecto valorado en 36.200 €, para a mellora do acceso e a seguridade viaria na zona.

Esta actuación, que está a ser executada por Nexia Infraestruturas, estará terminada nos próximos días, e os traballos realizados consisten principalmente no ensanche da plataforma e a mellora da pavimentación nun tramo de 286 m. de longo.

A ampliación desta calzada permitiu pasar nun tramo de 6 m. a 7 m. de ancho e noutro de 5 m. a 8 m.

Agora, unha vez que se aglomerou o vial, e se fixo a preinstalación da iluminación pública, está a colocarse a sinalización tanto horizontal como vertical. A dotación da iluminación pública executarase nun proxecto aparte proximamente.

Para poder acometer esta actuación foi necesario obter as autorizacións sectoriais de:

 

  • A Axencia Galega de Infraestruturas, por estar próximo o vial á zona de afección da estrada autonómica VG- 4.1 (vía rápida).
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola afección do Túmulo IV de Monte Faro, dentro da zona de protección do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnográfico.
  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por estar a zona denominada polo POL como de Ordenación.
0
0
0
s2sdefault