Concello de Sanxenxo - Concurso de fotografía cos murais de azulexo de Silgar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno organizou en colaboración con subministracións Lar de Costa da Morte unha exposición de arte urbana, creada por alumnado con discapacidade intelectual de diferentes institutos e asociacións.

Con esta exposición creouse un vínculo moi especial entre o noso municipio e a Costa da Morte, promovendo unha economía colaborativa no ámbito turístico.

A exposición de murais de azulexo está situada no círculo dos desexos do Paseo de Silgar, e é unha representación dalgúns dos deportes que se poden practicar no noso mar.

Agora, en colaboración coa asociación APTCM e Cmat, nace un concurso de fotografía para a rede de Instagram. Para participar soamente hai que subir unha foto feita nesta exposición e subila á rede. (bases na exposición e www.visitacostadamorte.com)

Este proxecto é unha colaboración de moitos. Os profesores e o alumnado dos colexios, os psicólogos, monitores e usuarios das asociacións, a empresa Subministracións Lar de Cee, a asociación de turismo APCM e os hoteis participantes que regalan as estancias para o concurso.

0
0
0
s2sdefault