Concello de Sanxenxo - O Hyundai Ecoparking Tour chega a Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O abandono de lixo en espazos naturais, como as praias, é un problema ecolóxico gravísimo que debemos solucionar coa máxima urxencia. Tanto é así que un estudo publicado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (Unep) calculou que, se non se toman medidas para evitalo, en 2050 os mares conterán máis fragmentos de plástico que peixes.

Conscientes desta situación extrema, Hyundai quixo poñer o seu graniño de area cunha orixinal iniciativa. No marco do lanzamento do novo Kona 100% eléctrico, este verán a marca pretende ter activa temporalmente a acción “Eco Aparcadoiro”, un aparcamento que se podería pagar ou gañar premios directos reciclando envases recollidos nas praias próximas.

Baixo o lema “Coches máis limpos, praias máis limpas”, esta acción de sensibilización ecolóxica preténdese levar a cabo por todo o territorio nacional do 15 de Xullo ao 15 de Agosto dando visibilidade en medios aos concellos participantes na acción a través de vídeos e comunicación en medios. No noso municipio estará situado na Praza do Mar ata o próximo 30 de xullo.

Para animar á xente a reciclar e evitar que os envases acaben tirados na area, Hyundai quere reservar certas prazas para que os usuarios que estacionen os seus vehículos nalgunha delas abonen o custo do aparcamento coas botellas de plástico (no caso de que o aparcadoiro sexa de pago) ou reciban un agasallo directo a cabio do plástico recollido (No caso de que o aparcadoiro sexa gratuíto).

 

0
0
0
s2sdefault