Concello de Sanxenxo - O goberno leva a pleno a aprobación definitiva dos convenios de 3 chans urbanizables
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno levará ao pleno do próximo luns 29 DE xullo a aprobación definitiva dos convenios de 3 chans urbanizables: 1, 7 e 22.

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (2003) contempla 30 chans urbanizables, que suman 257 hectáreas, o 5,5% do territorio municipal que abarca 4.400 hectáreas.

En setembro de 2017, o goberno aprobou no Pleno a suspensión de licenzas dos chans urbanizables durante un ano. O obxectivo da medida era, 14 anos despois da aprobación do PXOM, mellorar a ordenación destes chans adaptando os seus plans parciais á normativa urbanística aprobada con posterioridade ao 2003 como o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e a nova Lei do Solo de Galicia.

3 chans quedaron excluídos da suspensión porque xa estaban desenvoltos, o chan urbanizable 3 (9.000 m2), o 28 (18.780 m2) e o 15 do parque empresarial (650.300 m2).

Despois de numerosas reunións entre o equipo redactor desta revisión e as xuntas de compensación dos chans, o vindeiro luns o Pleno estudará a aprobación dos convenios que regulan as modificacións introducidas nos plans parciais.

No SU-1, situado en Dorrón, o plan parcial en vigor permitía a construción de 357 vivendas, e coa modificación serán 281. Ademais, introdúcense outros cambios:

Parámetros Plan parcial Modificación puntual
Edificabilidade ou aproveitamento 0,50 m2/ m2 0,35 m2/ m2
Densidade de vivenda 50 vivendas/hectárea 30 vivendas/hectárea
Nº máximo de vivendas 357 281

 

No caso do SU-7, en Noalla, redúcese en 25 o número de vivendas máximas a construír, e adecúase o chan aos criterios do POL, reducindo a edificabilidade e a densidade de vivendas, con especial detalle por ser un espazo moi sensible desde o punto de vista da paisaxe.

Parámetros  Plan parcial Modificación puntual
Edificabilidade ou aproveitamento 0,52 m2/ m2 0,45 m2/ m2
Densidade de vivenda 50 vivenda/hectárea 40 vivenda/hectárea
Nº máximo de vivendas  125 100


Por último, no O SU-22, tamén en Noalla, destaca a cesión de espazos libres, pasando dos 13.700 m2 aos 34.700 m2 entre públicos e privados. É dicir, un aumento de 21.000 m2.

Parámetros Plan parcial Modificación puntual
Edificabilidade ou aproveitamento 0,40 m2/m2 0,29 m2/m2
Densidade de vivenda 23 vivendas/hectárea  21 vivendas/hectárea
Nº máximo de vivendas 161 150

 

A modificación dos plans parciais destes 3 chans implica unha redución do 18% do número de vivendas, 112 vivendas menos das previstas nos plans parciais aprobados no seu momento. Unha vez ratificados polo Pleno, estes convenios a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta ten que informar antes da súa aprobación definitiva.

 

0
0
0
s2sdefault