Concello de Sanxenxo - Llega800 xestiona as incidencias na recepción do sinal TDT
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos-fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.

A rede 4G de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Garantindo a compatibilidade do 4G e a TDT

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.

E, por outro, un procedemento correctivo, tras o aceso das estacións, polo que Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es.

0
0
0
s2sdefault