Concello de Sanxenxo - O GOBERNO DE SANXENXO ACORDA RESERVAR UNHA PARTIDA DE DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA AXUDAS SOCIAIS E ECONÓMICAS POLA CRISE DO CORONAVIRUS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno de Sanxenxo acordou na mañá de hoxe reservar unha partida de dous millóns de euros para axudas sociais e económicas pola crise do coronavirus.
A administración local decidiu conxelar as partidas orzamentarias dispoñibles no capítulo de investimentos por valor de case dous millóns de euros para posibles axudas ós sectores máis afectados pola crise como autónomos ou pequenas empresas do municipio. Unha medida que obrigará a realizar unha modificación orzamentaria e a elaborar un novo regulamento municipal para establecer as condicións nas que se poderán optar a estas subvencións extraordinarias.
O goberno local, consciente dos efectos que esta crise sanitaria pode carrexar aos principais motores económicos do municipio, iniciará este mesmo luns a elaboración do regulamento. "Somos conscientes de que finalmente se verán comprometidos algúns dous proxectos recollidos nos presuposto, pero confiamos en que os veciños poidan entender que se trata dunha causa de forza maior", asegura o alcalde, Telmo Martín.
Outra das medidas acordadas durante o encontro de hoxe vai dirixida ás familias do municipio. O goberno local decidiu suspender o cobro das actividades municipais durante o tempo que estea en vigor a súa cancelación.

0
0
0
s2sdefault