Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO E O TALLER DE COSTURA EL RINCÓN DEL ARTE ALCANZAN UN ACORDO PARA A CONFECCIÓN DE 11.000 MÁSCARILLAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo e o taller de costura El Rincón del Arte alcanzaron un acordo para a realización de 11.000 máscaras antibacterianas e homologadas. A escaseza deste tipo de material e a onda solidaria xurdida a raíz do Covid-19 propiciou esta colaboración na que tamén participa o comercio local Muñeca de Trapo doando as caixas para a súa distribución.

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, púxose onte en contacto, previa consulta coa Consellería de Sanidade , co subministrador do tecido apropiado para a súa confección. Hoxe mesmo chegou o pedido para a elaboración de 11.000 máscaras e estase á espera de que cheguen as gomas de suxeición. O gasto do material será asumido polo Concello de Sanxenxo e o taller de costura El Rincón del Arte, coa profesora Ana Álvarez e unha trintena de alumnas, será o encargado da súa elaboración de forma totalmente gratuíta. O obxectivo do Concello de Sanxenxo é repartir estas máscaras no municipio, pero tamén entre os concellos preferiblemente do Salnés que o necesiten. A profesora do taller de costura, situado en Dena , recibiu hoxe mesmo a tea para comezar a realizar os patróns das máscaras e a partir de aí iniciar a repartición do tecido entre as súas alumnas. “Fanse relativamente rápido, pero moitas alumnas están teletraballando e cos nenos na casa, polo que non descarto tamén contactar con outras persoas voluntarias con coñecementos de costura para poder axilizar o proceso”, explica.

Unha vez realícese a primeira partida, iniciarase a súa distribución en caixas, segundo as propias necesidades detectadas no municipio, e tamén se porá a disposición de quen as necesite.

0
0
0
s2sdefault