Concello de Sanxenxo - O CENTRO DE ARTE, A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL E A ESCOLA DE ADULTOS PROPÓN AOS SEUS ALUMNOS CLASES TELEMÁTICAS E TAREFAS A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO E WHATSAPP
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co obxectivo de facer a corentena en casa o máis soportable posible e á vez continuar coa formación académica, a Concellería de Cultura, dirixida por Paz Lago, está a pór en marcha nos departamentos que é posible as clases telemáticas. Así, o Centro de Arte de Sanxenxo e a Escola de Música Municipal propón aos seus alumnos unha nova canle de comunicación a través de vídeo conferencia e correos electrónicos que permitirá un contacto diario cos docentes. Tamén a escola de adultos mantén unha comunicación directa cos seus alumnos a través dun grupo de WhatsApp.

No Centro de Arte, a profesora María Vázquez enviou unha mensaxe a través de correo electrónico a todo o alumnado para explicarlle o novo método formativo e enviarlle unha mensaxe de ánimo. “Que mellor actividade que a pintura ou o debuxo para abstraernos un pouco e ocupar o noso tempo. Creo que ademais pode ser divertido. Manternos en contacto nestes días faranos sentir máis fortes e unidos e levaremos o confinamento con moita enteireza e optimismo”, sinala a docente. O horario no que se realizarán as consultas a través de vídeo conferencia respectará o das clases, de 12 a 14 horas e de 17.30 a 21:30 horas.
Os alumnos poderán descargarse a través do móbil a aplicación de Skype ou facelo a través da tablet ou computador. Unha vez instalada, o alumnado que queira seguir estas clases desde as súas casas deberá escribir o nome de perfil majevama no buscador de contactos e pulsar o botón de videochamada.

A Escola de Música Municipal propón unha comunicación bidireccional cos seus alumnos a través de correo electrónico. “Dende a escola cremos que é un bo momento para a utilización dá tecnoloxía dunha forma axeitada e que o noso alumno poida usalo de maneira proveitosa”, apunta o director do centro, Benjamín Dourado.

Os profesores enviarán vía mail estudos, concertos, escalas, arpexios semanalmente ao alumnado que deberá remitir mediante gravacións, audios e videochamadas os exercicios propostos. Nas materias grupais de linguaxe musical, movemento e iniciación musical, os profesores enviarán actividades de entoación e lectura utilizando os play along, ditados e fichas de teoría musical. Para os máis pequenos exponse actividades familiares como a construción dalgún instrumento musical, bailes en familia e outras moitas actividades para o desenvolvemento das súas capacidades tanto auditivas como motrices.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault