Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DESINFECTA A CONTORNA DOS CENTROS DE SAÚDE DE BALTAR E DE VILALONGA E REALIZARÁ UNHA PROFUNDA LIMPEZA EN TODA A VILA DE PORTONOV
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo continúa cos labores de desinfección dos espazos públicos do municipio tras a alerta do Covid-19. As tarefas concentráronse hoxe pola mañá na contorna dos centros de saúde de Baltar e de Vilalonga. A partir desta tarde, o operativo de limpeza estenderase a toda a vila mariñeira que podería prolongarse durante todo o fin de semana.

O goberno local púxose en contacto co patrón maior de Portonovo, Juan Jose Bicada, para habilitar como estacionamento o espazo portuario polo que é preciso que os veciños que aparquen os seus vehículos na vía pública, fágano agora nesta contorna do porto de forma temporal mentres duren as tarefas de hixienización da vila. Os traballos de limpeza continuarán en distintos puntos do municipio a partir da próxima semana.

As tarefas de limpeza incrementáronse en frecuencia en todo o municipio tras a alerta sanitaria con produtos destinados á desinfección e hixienización profunda.

0
0
0
s2sdefault