Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DOTARÁ DE ASEOS ADAPTADOS A DISCAPACITADOS E RENOVARÁ OS REVESTIMENTOS DAS BANCADAS DA PRAZA DE ABASTOS DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As instalacións da Praza de Abastos de Portonovo será obxecto dunha profunda remodelación interior e exterior. O proxecto contempla a construción de aseos adaptados a discapacitados, con todas as instalacións necesarias, novo revestimento de postos de venda de peixe, renovación dos remates de cuberta de aluminio, o cambio de reixa da porta principal de acceso, a limpeza de pedra en fachadas e hidrofugado da mesma, o selado de novo de carpintarías exteriores e o pintado de paramentos interiores.

Para a obra, valorada en 41.245,40 euros, tramitouse unha axuda á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 80% do importe e o Concello de Sanxenxo asume o 20% e o IVE. O prazo de execución previsto é de 2 meses. O proxecto contempla o levantamento dun tabique de ladrillo dobre oco e con armazón metálico de chapa grecada preparado para aloxar a folla dunha porta corredera simple e de madeira para dotar as instalacións dun aseo adaptado. En canto á limpeza da fachada realizarase con chorro de auga presión e aplicaráselle un tratamento protector.

O Concello de Sanxenxo está tamén pendente do resultado do concurso de ideas convocado para a renovación da praza de abastos de Sanxenxo. O goberno local manifestou en diversas ocasións a súa intención de modificar o edificio do actual mercado, co obxectivo de dotar a este inmoble dun parking, que sirva para atender as necesidades de estacionamento dos seus clientes e do resto da contorna urbana. A liberdade creativa será absoluta, pero o proxecto deberá contemplar un aparcadoiro, unha primeira planta para o mercado e outra planta superior de usos múltiples para degustación de produtos do mar e da horta.

0
0
0
s2sdefault