Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO PREVÉ REABRIR O VINDEIRO LUNS O MERCADILLO E OS CAMPOSANTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local ten previsto reabrir o vindeiro luns o mercadillo de Portonovo se finalmente o goberno español autoriza o paso á fase 1. Sanxenxo farao con todas as medidas de seguridade e cun aforamento máis reducido que o máximo esixido. Así, dos 159 postos que teñen praza no mercadillo tan só os de alimentación, 19, poderán retomar, se finalmente é posible, a actividade durante esta primeira semana dando prioridade ao sector de alimentación como marca o decreto

Nesta primeira fase de desescalada e que durará, polo menos quince días, está permitido o 25% do aforamento polo que a Concellaría de Promoción Económica dirixida por Marcos Guisasola prevé incrementar o número de postos e baralla distintos criterios de selección. En todo caso, os corredores de tránsito deberán ter unha anchura de polo menos catro metros.

Persoal municipal acompañado da Policía Local acudirán o luns á primeira hora da mañá á zona do mercadillo para delimitar a distancia de seguridade entre postos e comprobar que se cumpren as garantías sanitarias, así como as medidas hixiénicas esixidas.

Tamén os cemiterios municipais volverán abrir as portas a partir do próximo luns polo que o goberno local reforzou a limpeza tanto interior como exterior dos camposantos con brigadas de desinfección que se encargan da hixiene destas zonas. Tamén as igrexas serán obxectivo dunha profunda desinfección dos seus accesos ao ser espazos moi concorridos.

 

0
0
0
s2sdefault