Concello de Sanxenxo - SERVIZOS SOCIAIS CONCEDEU AS TARXETAS DE EMERXENCIA EXTRAORDINARIA A 142 FAMILIAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo, a través do departamento de ServizosSociais, concedeu a 142 familias os cartóns de emerxencia activadas polo Covid 19 para a compra de alimentos e produtos de primeira necesidade. Os cartóns comezaron a concederse en abril e foron 109 familias as que renovaron a axuda. Servizos Sociais xa prestaba axuda de emerxencia social a 33, pero o número viuse incrementado até as 109 durante a crise sanitaria. Nestas unidades familiares ás que o Concello presta axuda 92 son menores e 224 son adultos.

Os beneficiarios destas axudas deberán realizar a compra no supermercado Eroski, establecemento co que o Concello subscribiu un convenio. O obxectivo é que ningunha familia que vexa minguados os seus recursos pola actual situación non poida seguir cubrindo as súas necesidades de alimentación e hixiene. O goberno local destina anualmente 50.400 euros ao plan de emerxencia social municipal do que se benefician outras 31familias

0
0
0
s2sdefault