Concello de Sanxenxo - O CIM PROGRAMARÁ COS CENTROS A FORMACIÓN AFECTIVO SEXUAL PARA O PRÓXIMO CURSO ACADÉMICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arousa, e a psicóloga do CIM reuniranse o vindeiro venres coas direccións dos centros educativos de Sanxenxo para presentarlles a nova programación prevista para o próximo curso académico.

Para estudantes de 5º de Educación Primaria e 1º da ESO, a programación traballará contidos sobre identidade sexual e roles de xénero, diversidade sexual e nas familias, igualdade de oportunidades entre sexos, habilidades sociais e comunicación asertiva e afectividad na sexualidade.

Entre as novidades deste ano está a creación dunha "Guía de novas masculinidades" dirixida aos estudantes de educación secundaria obrigatoria do IES de Sanxenxo, IES Vilalonga e colexio Abrente. A nova proposta substituirá ao concurso de curtos contra a violencia de xénero que se realizaba dentro da formación en igualdade e prevención. A guía coas novas masculinidades traballadas e propostas por parte do alumnado será editada e repartida nos centros participantes. Ao comezo do próximo curso tamén se prevé distribuír material de prevención contra a violencia de xénero neste tres centros educativos.

As Mochilas Viaxeiras de Igualdade chegan tamén con material renovado para o próximo para estudantes de 1º de Primaria. Incluirase material de apoio e visibilización da diversidade nas familias, así como da identidade e diversidade sexual.

Tamén se aproveitará a conmemoración do próximo domingo da visibilización do colectivo LGTB para difundir e dar a coñecer a Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia á que se poden adherir os centros e na que xa se atopa o IES de Vilalonga.

O Concello de Sanxenxo colgará a partir do próximo xoves a bandeira multicolor no balcón do consistorio e emitirá un manifesto de apoio e visibilización do colectivo LGTB e de condena de todo tipo de actos violentos.

0
0
0
s2sdefault