Concello de Sanxenxo - OS MAIORES RETOMAN A ACTIVIDADE FÍSICA AO AIRE LIBRE EN NOALLA E PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os maiores de Portonovo e Noalla retomaron onte a actividade física no parque de O Espiñeiro e no campo de festas cun estrito protocolo anticovid que esixe o uso de máscara, o xel desinfectante e a toma de temperatura ao comezo dos exercicios. En Portonovo onde o grupo é máis numeroso realizáronse dúas sesións para cumprir a restrición que marca un máximo de 5 persoas e un monitor.
 
Hoxe está previsto que se realicen as clases de ximnasia en Vilalonga, Noalla, Bordóns, Dorrón e Nantes, mentres que o xoves a actividade trasladarase de novo a Portonovo e Noalla e o luns, a Vilalonga, Noalla, Bordóns-Dorrón e Nantes. En Sanxenxo non se cubriu polo momento a cota necesaria para realizar a actividade. Até o momento hai 55 inscritos, pero o prazo para anotarse segue aberto.Os interesados poden chamar en horario de 8 a 15 horas ao teléfono 986 72 01 00.
 
A actividade física está a ser impartida polos monitores da piscina municipal, instalación que permanece pechada pola situación sanitaria, e aúmase á repartición de tarefas por parroquias do Taller da Memoria que desde o pasado mes de setembro está a levarse a cabo desde o departamento de Servizos Sociais. "É fundamental que os nosos maiores recuperen a actividade mental e física nestes momentos tan complicados, pero coas maiores garantías posibles", asegura Daniel Arosa, concelleiro de Servizos Sociais.
0
0
0
s2sdefault