Concello de Sanxenxo - O CONCELLO MELLORARÁ OS ACCESOS ÁS PRAIA DE FOXOS E MAJOR PARA PRESERVAR AS DUNAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A actuación contempla un investimento de 24.133 euros sufragada ao 75% polos fondos Feader e ao 25% polo Concello.

Co obxectivo de mellorar o estado de conservación dos hábitats dunares existentes nos areais do municipio e frear o seu deterioro, a Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, conta xa cun proxecto que contemplan a renovación dos accesos das praias de Foxos e Major.

A actuación que se enmarca dentro dos obxectivos de espazos da área litoral, recollidos como prioritarios para hábitats no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, prevé un investimento de 24.133 euros. O 75% do orzamento será financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e dividirase en dúas anualidades de 9.972 euros, mentras que o 25% asumirao o Concello.

Na paisaxe natural de Foxos e Major pódense apreciar dunas móbiles embrionarias, dunas brancas (hábitats de interese comunitario) e dunas grises (hábitat prioritario). Ambos areais sofren unha elevada presión polo alto volume de persoas que frecuentan este espazo.

O continuo piso provoca alteracións graves sobre a vexetación, favorecendo a extensión de dunas non estabilizadas e a generalización de fenómenos erosivos de natureza eólica. "Con esta actuación nestes dous areais contribuímos a recuperación da vexetación natural, tal e como se recolle dentro dos obxectivos de espazos da area litoral do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia e mellórase a accesibilidade dos usuarios aos areais", sinala Juan Deza, concelleiro de Medio Ambiente.

 
0
0
0
s2sdefault