Concello de Sanxenxo - SANXENXO CELEBRARÁ A SEMANA EUROPEA DE RESIDUOS CUNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE LIXO INVISIBLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Medio Ambiente repartirá 200 composteiros e ubicará o punto limpo móvil na Alameda de Vilalonga durante nove días

Co gallo da Semana Europea de Residuos, a Concellería de Medio Ambiente Sanxenxo porá en marcha unha Campaña de Sensibilización sobre o Lixo Invisible dende o día 21 ata o 29 de novembro en redes sociais co obxectivo de concienciar a poboación sobre a importancia da reciclaxe. A proposta inclúe videos nos que se amosa a pegada de carbono de obxectos e materiais que empregamos a cotío.

O departamento que dirixe Juan Deza quere tamén achegar e facilitar a reciclaxe aos veciños ubicando na Alameda de Vilalonga o punto limpo móbil que dispón dunha función compactadora que triplica a capacidade de recollida selectiva de residuos que carecen dun sistema convencional como baterías de teléfonos, tóners, pilas, pequenos electrodomésticos ou algúns envases e residuos sólidos específicos. O punto limpo móbil estará durante toda a semana na parroquia vilalonguesa.

Outra das iniciativas incluidas dentro desta campaña é o reparto de 200 composteiros domésticos entre todos aqueles veciños que o solicitasen nas oficinas de Medio Ambiente. A distribución destes elementos realizarase ao longo de dúas xornadas, 24 e 28 de novembro. Polo de agora hai 80 peticións. Xunto ao composteiro entregarase os materiais necesarios para que os veciños poidan levar a cabo o proceso: Termómetro, aireador e estruturante.

A campaña adicará unha das xornadas ao reciclaxe de aceite doméstico usado. Sanxenxo reciclou ata setembro 8.280 kilogramos, evitando a contaminación de 9.108.000 litros de auga. A cifra supón un incremento respecto ao ano pasado de 50,61% cando se tratou en toda a anualidade 7.330 kilogramos. O día 26 darase a coñecer a través de mapas de ubicación o lugar do contenedor de aceite en cada unha das parroquias do municipio.

0
0
0
s2sdefault