Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLERÁ O PRIMEIRO CICLOCRÓS CON DA ROMAÍÑA NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Sanxenxo acollerá o próximo 28 de novembro o primeiro Ciclocrós Con dá Romaíña no parque empresarial de Nantes co que se inaugurará de forma oficial o circuíto para bicis e peóns habilitado polo Concello na zona verde do polígono. A cita deportiva na que colabora, entre outras administracións, o Concello de Sanxenxo está organizada polo club ciclista local Corbelo.
 
O percorrido da proba será de 2.700 metros cun máximo de cinco obstáculos artificiais. A actividade dará comezo ás 15 horas coa saída das categorías máster 30, máster 50/60 e mulleres máster; ás 16 horas, será a saída de máster 40, cadete e mulleres cadete, e a ás 17 horas, para a elite sub 23, junior, mulleres elite sub 23 e mulleres junior.
 
A preinscrición será obrigatoria e realizarase a través da plataforma da Federación Galega de Ciclismo desde hoxe e até o próximo 25. A oficina permanente da proba estará na caseta instalada nas inmediacións do circuíto próxima á meta para a entrega de dorsais, entre as 13:30 a 14:30 horas.
 
As elites sub-23 masculino e feminino optarán a cinco premios económicos estipulados pola Federación Galega de Ciclismo. En ambas as categorías, o primeiro premio estará dotado con 100 euros; o segundo, con 60 euros; o terceiro, con 40 euros; o cuarto, con 30 euros e o quinto, con 15 euros. Os premios pagaranse despois da firma protocolaria de pódium.
 
 
 
0
0
0
s2sdefault