Concello de Sanxenxo - DAN COMENZO AS OBRAS DO NOVO LOCAL SOCIAL DE GONDAR QUE SE PREVÉ QUE ESTEA LISTO A FINAIS DO PRÓXIMO VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A adxudicataria Vipeca, Obras e Servizos iniciou os traballos que están valorados en 254.000 euros
 
O novo local social de Gondar prevese que estea listo a finais do próximo verán. A adxudicataria Vipeca, Obras e Servizos iniciou xa as obras que contan cun prazo de execución de once meses e están valoradas en 254.000 euros. Os primeiros traballos deron comezo xa a finais da semana pasada co acondicionamento da parcela.
 
A obra contempla a construción dun edificio dunha soa planta de 183 metros cadrados que se distribúe nun hall de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén. Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cun aparcadoiro e unha zona verde garantindo a accesibilidade. A edificación contará con dúas únicas fachadas sobre rasante, polo cal as outras dúas prevense enterradas en dous dos seus lados. O proxecto permite a integración da edificación na contorna da chaira pétrea existente e lindante coa Capela de Santo Tomé
 
O proceso de licitación deu comezo en xuño despois de que a comisión de festas efectuase a modificación catastral da parcela que permitiu elevar a escritura pública a cesión. Os traballos realizaranse con cargo ao Plan Concellos e responden a unha vella demanda veciñal en Vilalonga
 
0
0
0
s2sdefault