Concello de Sanxenxo - A COLABORACIÓN ENTRE XUNTA E CONCELLO PERMITIRÁ FACER REALIDADE A SENDA FLUVIAL DO RÍO DORRÓN EN 2021
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Sanxenxo permitirá facer realidade a senda fluvial do río Dorrón, unha vella demanda dos veciños da parroquia que servirá para a seu disfrute diario, potenciando os recursos paisaxísticos da zona e converténdose nun novo reclamo turístico para o municipio. A titular autonómica trasladou ao alcalde o apoio do seu departamento ao proxecto durante unha reunión mantida esta semana por videoconferencia na que se abordaron diversos asuntos e proxectos de gran relevancia para o desenvolvemento de Sanxenxo.
 
O Concello xa dispón dun proxecto elaborado por Tragsatec para facer realidade esta senda fluvial valorada en 383.538 euros, así como de todas as cesións necesarias de particulares na que se prevén paseos a pé, en bicicleta ou mesmo a cabalo, aínda que a preferencia será sempre para o peón. O prazo de execución estímase en cinco meses. O Concello remitirá agora o proxecto á Consellería que se encargará de acometelo.
 
Os traballos contemplan a apertura de novos tramos para asegurar a continuidade da ruta ao longo dos case 5 quilómetros e actuacións puntuais como a construción dunha escaleira de pedra para salvar un desnivel, a construción dunha rampla, muros de mampostería para evitar desprendementos en determinados puntos de ribeira e até 52 metros de pasarela de madeira.
 
Doutra banda, o goberno segue traballando na consecución das cesións de particulares para que a ruta do río Fabaíños tamén poida ser unha realidade canto antes. Até o momento, só o 40% dos propietarios de parcelas limítrofes co trazado da senda está dispostos a ceder parte do seu terreo polo que continúan as conversacións para lograr a recuperación dunha contorna de gran beleza e singularidade paisaxística.
 
0
0
0
s2sdefault