Concello de Sanxenxo - CONSELLERÍA DE TURISMO E O CONCELLO DE SANXENXO ASINARÁN UN CONVENIO EN 2021 NO MARCO DA DECLARACIÓN DE MUNICIPIO DE PREFERENTE ACTUACIÓN TURÍSTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, trasladou ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a súa disposición para a firma dun convenio en 2021 para promoción turística no marco da declaración do municipio como Destino de Preferente Actuación Turística. Martín trasladou a Rueda durante un encontro celebrado no edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra que o obxectivo É crecer turísticamente en tempada baixa con alternativas e propostas diferentes que atraian a visitantes en meses fóra da tempada estival. 
 
Enmarcado dentro desta estratexia, o vicepresidente autonómico mostrouse disposto a colaborar na posta en marcha do Pazo de Quintáns cuxa primeira fase de rehabilitación xa concluíu. O Concello dispón dun proxecto que vincula o seu futuro desenvolvemento á gastronomía e enoloxía que trasladará ao departamento que dirixe Alfonso Rueda para que poida participar na posta en valor deste emblemático edificio.
 
O alcalde de Sanxenxo solicitou tamén que, de cara á próxima feira de Fitur en maio de 2021, así como a eventos, resto de feiras e presentacións, Sanxenxo dispoña dun espazo propio dentro do stand Turismo de Galicia como recoñecemento ás cifras de pernoctacións e de número de prazas de hospedaxe do municipio, así como o peso específico de Sanxenxo como destino dentro de Galicia e o norte peninsular.
 
Doutra banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse disposto a colaborar na adquisición dos novos vehículos híbridos da Policía Local e que suporá a renovación do parque móbil deste servizo.
 
0
0
0
s2sdefault