Concello de Sanxenxo - O EQUIPO GAÑADOR DO PROXECTO DO NOVO MERCADO DE ABASTOS DE SANXENXO VISITA O EDIFICIO MUNICIPAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Sala Nauta abrirá a partir de hoxe, de 10 a 14 horas, a exposición dos 63 proxectos do concurso de ideas
 
O equipo gañador do proxecto do novo mercado de abastos de Sanxenxo "Los lunes al sol" dirixido por Toni Bosch visitaron o interior do edificio municipal e percorreron a contorna acompañados do alcalde, Telmo Martín, a concelleira de Urbanismo, Flavia Besada, e o arquitecto municipal, Rafael Vázquez. "Estamos gratamente sorprendidos co entusiasmo e a implicación que o equipo de goberno demostrou desde un primeiro momento co proxecto, pero sempre tendo os pés no chan e dando prioridade á actividade do mercado", asegura Toni Bosch, director do proxecto gañador.
 
Acompañando a Toni Bosch acudiron Jordi Estarca, Pol Bosch e Dani Masana que desculparon a ausencia de Uxía Varela, unha arquitecta galega tamén membro do equipo redactor. Durante o percorrido pola praza puideron entrevistarse de forma directa co presidente dos placeiros e escoitar as suxestións dos vendedores do edificio cos que se comprometeron a manter un diálogo estreito para realizar posibles pequenos axustes ou melloras. "Sen descoidar a actividade do mercado, o edificio deber converterse, así nolo pediu expresamente o alcalde, no motor e axente dinamizador do espazo no que se sitúa cunha humanización da contorna", dixo Bosch. 
 
En canto ás posibles dúbidas xurdidas polo acristalamiento do edificio e os seus posibles efectos sobre o produto fresco que se vende no mercado, o equipo explicou que existen diversos formas, "totalmente sustentables, para manter á temperatura adecuada o interior do inmoble".
 
A visita concluíu cun percorrido pola Sala Nauta na que están expostos os 63 proxectos que se presentaron ao concurso de ideas e que, a partir de hoxe, estará aberta en horario de 9 a 14 horas de luns a venres para que quen o desexe poida visitala.
 
0
0
0
s2sdefault