Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZA O SEU PAPEL NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO COA RENOVACIÓN DO PROTOCOLO VIOGÉN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o tenente coronel xefe da Garda Civil, Manuel Touceda, asinaron o novo acordo no salón de plenos
 
Sanxenxo dá un paso máis na loita contra a violencia de xénero con rubrícaa e compromiso adquirido coa renovación do protocolo Viogén do Ministerio do Interior, previo ao convenio, no que a Policía Local reforza o seu papel na vixilancia e protección das vítimas de violencia de xénero. 
 
Durante a xunta local de seguridade celebrada no salón de plenos copresidido polo alcalde, Telmo Martín, e a subdelegada do goberno, Maica Larriba, procedeuse á firma da renovación do protocolo Viogén coa que queda patente a coordinación e colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado. Na actualidade, Sanxenxo conta con 29 mulleres vítimas de violencia de xénero, ningunha en risco extremo ou alto. A maior incidencia atópase na franxa de idade de entre 31 e 45 anos con 16 casos. 
 
A Policía Local pasará a partir de agora a asumir, ademais da vixilancia como viña facendo até agora, o seguimento de casos de violencia de xénero enmarcados en risco baixo ou non apreciable. "O Concello de Sanxenxo ten un claro compromiso coa loita contra a violencia de xénero e a firma de hoxe é unha boa mostra de coordinación nunha firme aposta por rematar con esta lacra e garantir o amparo das vítimas", asegurou o alcalde, Telmo Martín. Na mesma liña, o alcalde pediu "colaboración dúas corpos e forzas de seguridade en toda a comarca para garantir un desprazamento seguro das vítimas".
 
A subdelegada do Goberno destacou que Sanxenxo é o cuarto municipio da provincia en asinar a renovación do protocolo Viogén. "É unha satisfacción atopar concellos que colaboran na loita contra esta secuela. Nestes momentos no partido xudicial de Cambados no que se inclúe Sanxenxo hai 92 casos de violencia de xénero", apuntou. En canto aos fondos procedentes do Pacto de Estado, Larriba sinalou que Sanxenxo desde 2018 recibiu 45.130 euros para a realización de actividades contra a violencia de xénero. Finalmente, animou aos concellos a sumarse ao sistema Viogén e subliñou que "as vítimas non están soas. E estamos para axudar e protexerlles e que, por favor, denuncien os casos de malos tratos".
 
Na xunta local de seguridade estiveron o tenente coronel xefe da comandancia, Manuel Touceda; o capitán da compañía de Vilagarcía, Pablo Lorenzo; o comandante do posto de Sanxenxo, Vicente Veiras; o oficial xefe da Policía Local de Sanxenxo, Manuel Parga, a xefa da Unidade de Violencia de Xénero, Manuela Vilaboy, así como o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro.
 
 
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault