Concello de Sanxenxo - O CONCELLO OFRECERÁ UN CURSO GRATUÍTO DE FORMACIÓN DURANTE MARZO E ABRIL PARA AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Os interesados na actividade, con 40 prazas dispoñibles, deberán anotarse a partir de febreiro e cubrir un cuestionario
 
O Concello de Sanxenxo realizará un curso gratuíto destinado aos mozos que se queiran formar como auxiliares de Policía Local durante os meses de marzo e abril. O obxectivo é profundizar no coñecemento do municipio e que os futuros auxiliares manexen dende o minuto un o rueiro e as ordenanzas reguladoras cando se incorporen no verán á vixilancia e seguridade de Sanxenxo. A formación incluirá ademais a normativa común relativa á regulación de tráfico e actuacións de diverso tipo relacionadas coa seguridade.
 
O curso contará con 40 prazas dispoñibles e os interesados en anotarse deberán facelo no Rexistro Municipal a partir do 1 de febreiro e cubrir un cuestionario básico que permitirá realizar un filtrado, por parte da xefatura da Policía Local, das persoas que se anoten no caso de que o número de inscritos superen as prazas ofertadas.
 
A formación será presencial, se a situación sanitaria permíteo, no Pazo de Emilia Pardo Bazán e cun estrito protocolo sanitario. Se non fose posible, o curso impartirase de forma telemática. O día elixido para a actividade é o sábado, en horario de 9 a 14 horas.
 
O goberno considera que é unha boa oportunidade formativa e laboral para os mozos de Sanxenxo que estean interesados nesta profesión. O curso permitirá unha especialización da contorna e mellorar na atención tanto de veciños como de visitantes.
 
0
0
0
s2sdefault