Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PROPÓN A COVSA COMO ADXUDICATARIA DA URBANIZACIÓN DE O REVEL POR 1.242.968 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras prevese que dean comezo durante o próximo mes de febreiro e estarán listas antes do inicio do próximo curso escolar
 
O Concello de Sanxenxo deu un novo paso no proceso de adxudicación dunha obra de vital importancia para o desenvolvemento dunha das maiores zonas de equipamento público do municipio: A urbanización de O Revel. A empresa Covsa cunha oferta económica de 1.241.968 euros é a proposta seleccionada para executar os traballos que darán comezo durante o próximo mes de febreiro. 
 
A previsión é que a adxudicación se formalice nos próximos días para que a obra comece canto antes e estea lista para o inicio do próximo curso escolar cando se prevé a inauguración do novo colexio. A firma seleccionada comprométese a realizar todas as melloras recollidas no prego e que ten que ver coa iluminación e a xardinaría da zona verde. Covsa amplía o prazo de garantía a 6 anos da obra, fronte aos 5 recollidos no prego.
 
O proxecto de urbanización contempla catro viarios, con dous carrís de 3 metros, unha rotonda que axudará a achegar fluidez ao tráfico e a dotación de 84 prazas de estacionamento. As beirarrúas previstas terán unha anchura mínima de 2 metros e unha máxima de 4,5 metros. 
 
A obra contempla a mellora do saneamento, abastecemento e subministración de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública, así como as infraestruturas telefónicas e de telecomunicacións.
 
O proxecto conta cun apartado propio para o tratamento dos espazos libres e para a protección dun pequeno regato, a flora e fauna existente na contorna. Así se recolle a limpeza da canle, preservando especies como os salgueiros e alisos, e a colocación de valos de madeira nalgúns tramos para protexer as zonas sensibles.
 
0
0
0
s2sdefault