Concello de Sanxenxo - CULTURA PROPÓN UN ENTROIDO TELEMÁTICO CUN CONCURSO DE PARODIAS E UN MOSTRARIO DE DISFRACES ESCOLARES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Repartiranse un total de vinte premios en vales que deberán ser investidos no comercio e a hostalaría local
 
Sanxenxo non quere renunciar á tradicional celebración do Entroido, pero a situación sanitaria actual obrigou á Concellería de Cultura a realizar unha programación diferente na que se dará protagonismo á creatividade dos centros educativos, as asociacións e os veciños nas redes sociais municipais durante a semana do 15 ao 21 de febreiro.
 
Co obxectivo de incentivar a participación, convocarase un concurso, "Confiparodias, feito na casa", con vídeos de máximo 1 minuto, e no que se repartirán un total de 2.100 euros en vales que deberán ser investidos no comercio e a hostalaría local. "Trátase de manter unha tradición, adaptandoa a actual realidade, premiando a creatividade, pero tamén de colaborar co tecido económico do municipio", explica a concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago. Estableceranse dúas categorías, Infantil, para menores de 13 anos, e Adulto e Mixto, con dúas modalidades diferentes, individual ou parella e tres ou máis persoas, sempre que se cumpran as actuais medidas sanitarias.
 
A avaliación dos mellores vídeos e, por tanto, os premiados decidiranse por un xurado cun único premio especial por modalidade "Único Premio Xurado" e poloa "Gústame" que obteñan no Facebook. O prazo de inscrición ábrese o próximo 8 de febreiro ás 9 horas e concluirá o 17 ás 8 horas. Os participantes só poderán presentar un vídeo por modalidade que deberán enviar ao departamento de Cultura ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O formato deberá ser Mov ou mp4 e a temática será libre. Os vídeos exporanse no Facebook municipal para a súa visualización e valoración desde o día 18 até o día 21 ás 12 horas cando se pecharán as votacións. As bases do concurso colgaranse na web do Concello e compartiranse nas redes sociais.
 
Os centros educativos tamén participarán neste Entroido telemático. Desde o día 15 até o 21 colgaranse álbums fotos e vídeos das actividades realizadas nos distintos colexios que axudarán a manter viva a celebración e a mostrar a creatividade e esforzo das comunidades educativas.
 
Tampouco faltarán as chiscadelas ás celebracións máis ?retranqueiras? do Entroido. As organizacións do Enterro dá Sardiña, Enterro dá Cabra e a Festa do Ghato atópanse en plena preparación de vídeos e imaxes que se colgarán no Facebook municipal coincidindo coas datas tradicionais dos eventos o 17, 19 e 20 de febreiro.
 
0
0
0
s2sdefault