Concello de Sanxenxo - A REXENERACIÓN DA CARABUXEIRA COMEZARÁ O VENRES CUN LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO EN 3D DA PRAIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa adxudicataria está previsto que inicie o vindeiro venres os traballos previos ao depósito de area 
 
Corenta días é o prazo que se marca a empresa encargada da rexeneración da Carabuxeira para a recuperación do areal urbano. Se as condicións meteorolóxicas non alteran o cronograma marcado, o vindeiro venres comezaranse coas tarefas previas á extracción e depósito de area na praia. A firma encargada é Marcor Xove S.L. e os traballos teñen un custo de 123.000 euros
 
Os técnicos da empresa realizarán o vindeiro venres "in situ" un levantamento topográfico en 3D da praia que marcará os metros cúbicos exactos que se poderán bombear das zonas autorizadas para a extracción. 
 
Desde primeira hora do venres comezarán os traballos e iniciarase a montaxe dos geotubos e o balizamento. Tarefas que se estenderán durante polo menos dous días e ás que seguirán a mobilización dos equipos de traballo. Até a lámina de auga que se sitúa enfronte á praia chegará un barco de 22 metros de eslora cunha draga que se encargará da extracción de até 10.000 metros cúbicos de árido das zonas autorizadas. 
 
Unha vez extraída a area realizarase, en primeiro lugar, o recheo dos 70 metros lineais de tubos geotextiles que servirán de dique natural e, a continuación, bombeará o árido á praia a través dun tubo que, movido cunha minipala en terra, encargarase de dirixir o depósito de area de forma ordenada na praia.
 
A empresa Indrops encargarase de realizar o estudo e seguimento ambiental durante o transcurso das tarefas con polo menos tres tomas de mostras da calidade da auga antes, durante e despois da rexeneración. Este control ambiental costa 17.968 euros.
 
Os traballos prevese que conclúan a principios do mes de abril.
 
0
0
0
s2sdefault