Concello de Sanxenxo - NAUTA DOTA DE WIFI GRATUÍTO A CONTORNA PORTUARIA, A PRAZA DOS BARCOS E A PRAZA DO MAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local prevé a colocación de 35 puntos wifi gratuítos noutros tantos espazos públicos estratéxicos das distintas parroquias a través do proxecto Red.es
 
Unha superficie de aproximadamente 200.000 metros cadrados da contorna portuaria conta xa con conexión wifi gratuíta. A empresa encargada da colocación do once dispositivos de acceso, nove exteriores que cubrirán a balsa de auga do porto deportivo, e dous interiores, para dar cobertura á Sala Nauta e a Capitanía, culminou a finais da semana pasada os traballos. A instalación deste servizo con fibra óptica terá un custo total de 19.811 euros dos que 15.000 son sufragados con fondos europeos, a través do programa WiFi4EU, e 4.811 son achegados por Nauta. 
 
Trátase do primeiro espazo público en Sanxenxo con internet sen custo, pero o goberno local contempla dentro do proxecto Red.es a instalación de polo menos 35 puntos wifi gratuíto noutros tantos lugares estratéxicos das distintas parroquias do municipio nos próximos meses. 
 
En canto á contorna portuaria, un dos receptores exteriores instalouse no exterior do parking de Nauta en dirección ao Paseo de Silgar coa intención de que o sinal poida alcanzar ao areal e parte do paseo. A empresa encargada da instalación do sistema, que está dentro da listaxe de firmas que esixe a subvención europea, foi Telefónica Movistar. O Concello de Sanxenxo encargarase do mantemento e as conexións. Coa instalación destas antenas ademais da zona portuaria disporase de wifi gratuíto na Praza dos Barcos e na Praza do Mar.
 
A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso dos cidadáns á conectividad wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa. Nauta encargarase de pagar o acceso a internet (gastos operativos) durante 3 anos como mínimo e proporcionarase unha velocidade mínima de 30Mbps, sen discriminar (limitar o tráfico) aos usuarios da rede inalámbrica, excepto o poder realizar unha distribución equitativa do ancho de banda entre os usuarios en horas punta de utilización da rede Wifi. Analizaranse con fins estatísticos e analíticos o uso da rede inalámbrica, anonimizando datos persoais (direccións MAC dos dispositivos, por exemplo).
 
 
 
0
0
0
s2sdefault