Concello de Sanxenxo - O CONCELLO TRABALLA NA AMPLIACIÓN DO CEMITERIO MUNICIPAL DE SANXENXO E NUNHA ORDENANZA PARA O CAMPOSANTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, mantiveron un encontro con técnicos da Consellería de Sanidade
 
O alcalde, Telmo Martín, xunto á concelleira de Planificación Territorial, María Deza, mantiveron  unha reunión con técnicos da Consellería de Sanidade para abordar a ampliación do cemiterio municipal de Sanxenxo. Mentres se tramita o aumento de capacidade deste camposanto, o goberno traballa nunha ordenanza coa que mellorar a xestión e regulación do cemiterio municipal. 
 
O cemiterio de Sanxenxo conta actualmente con 432 nichos, unha cantidade que resulta insuficiente respecto da demanda da poboación e o goberno quere responder a esta necesidade cunha ampliación do espazo que permitiría, ademais de acoller nichos, albergar columbarios ou cinceiros. Este camposanto inaugurouse nos anos 60 con 261 sepulturas e logo ampliouse con tres novos módulos de 39, 57 e 66 nichos, pero en ningún momento dotouse de columbarios, unha modalidade que cada vez máis familias demandan e supón un importante aforro de espazo.
 
A idea do goberno é ampliar o camposanto cara á parcela anexa na que se atopa a nave de servizos municipal e cuxo uso se trasladará en 2022 a un novo espazo no parque empresarial de Nantes. A actuación prevista permitiría aumentar considerablemente a actual superficie do camposanto e responder á actual demanda de familias que se mostraron interesadas en dispor dun panteón no cemiterio de Sanxenxo.
 
0
0
0
s2sdefault