Concello de Sanxenxo - SANXENXO REFORZARÁ O SEU PLANTEL CON 39 NOVOS TRABALLADORES DURANTE OS VINDEIROS MESES A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo reforzará o seu persoal municipal durante este ano con 35 peóns e catro auxiliares administrativos a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O custo total desta contratación ascenderá a 266.619,61 euros, dos que a administración local achega 6.530?79 euros. O obxectivo do goberno é que algúns dos contratos comecen o próximo mes de abril e prolongar este reforzo até decembro. Como a contratación será por seis meses, só nos meses de xullo, agosto e setembro estarán os 39 empregados en activo debido á importante carga de traballo e esforzo municipal que se rexistra na tempada alta.
 
Os operarios que se contraten distribuiranse entre os departamentos de obras e servizos, parques e xardíns e na área municipal de limpeza de espazos públicos. Outro dos departamentos que se verán reforzados será o de limpeza de praias. Con 17 praias de bandeira azul este departamento cobra especial relevancia en Sanxenxo. O goberno local prioriza este servizo coa organización de cuadrillas durante o verán establecendo quendas e limpezas de areais durante todos os días da semana con reforzo o fin de semana. Este departamento tamén se encarga do mantemento das dunas de Portonovo e da Lanzada. A limpeza de areais, aínda que no verán é intensiva non é exclusiva da tempada estival, xa que durante o inverno tamén se acondicionan as praias polo que é preciso tamén contar cunha cuadrilla que se encargue destas tarefas. 
 
O catro auxiliares administrativos que se incorporarán ao persoal municipal reforzarán os traballos nas distintas áreas municipais como Secretaría, Catastro ou Recadación.
 
O plan de emprego, incluído na liña 3 do Plan Concellos, é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.
 
0
0
0
s2sdefault