Concello de Sanxenxo - A XUNTA LICITA A OBRA DE MELLORA DE ACCESO A SANXENXO DESDE A LANZADA POLA VÍA RÁPIDA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou durante a súa visita a Sanxenxo a licitación dos traballos que contarán cun orzamento de 335.422,30 euros
 
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou Sanxenxo para anunciar a licitación da obra de mellora de acceso a Sanxenxo desde A Lanzada pola vía rápida. Uns traballos que contan cun orzamento estimado de 335.422,30 euros. A obra consistirá en desdobrar a actual saída con dous carrís até a rotonda de Vinquiño que servirá para achegar fluidez ao tráfico en tempadas nas que o municipio recibe un importante número de visitantes. A actuación permitirá aumentar a capacidade en até un 40% e evitar os atascos que, mesmo chegan a afectar con retencións ao tráfico da via rápida, durante a tempada estival. 
 
O alcalde, Telmo Martín, xunto á tenente de alcalde, María Deza, agradeceu a Vázquez a "iniciativa dunha obra que solucionará o caos que se produce en determinados momentos do día na tempada alta coicidindo coas viaxes ás praias". Na mesma liña, destacou que se trata "dunha actuación importantísima aínda que poida parecer unha obra pequena" e pediu que se iniciasen os traballos tras o verán para "non interferir na tempada estival".
 
A conselleira destacou "o esforzo inversor" da Xunta no municipio co que destacou hai "un diálogo constante e tamén unha demanda constante de investimento necesarias en Sanxenxo". A titular autonómica asegurou que "vimos moi necesario optimizar esta ligazón cunha obra que é sinxela, pero dá que esperamos grandes resultados". Ademais, destacou a mellora no actual radio de xiro do acceso que "é nestes momentos moi complicado", a eliminación do actual stop que provoca importantes retencións e o dobre carril de entrada a Sanxenxo na PO-504. "Trátase ademáis dunha mellora de seguridade viario na que se colocarán balizas esinalización horizontal e vertical", apuntou.
 
Vázquez explicou que os traballos complementarán o futuro desdobramento da vía rápida na que a se están traballando "fórmulas" cunha especial sensibilidade ao tratarse "dunha das zonas de Europa con maior número de figuras e espazos de máxima protección ambiental".
 
A conselleira lembrou os 10,5 millóns de euros de investimentos na PO-308 e anunciou próximos investimentos na mellora de seguridade viaria na PO-504.
 
 
0
0
0
s2sdefault