Concello de Sanxenxo - O GOBERNO INCLUIRÁ NO ORZAMENTO UNHA PARTIDA PARA AXUDAS DIRECTAS Á HOSTALARÍA E O SECTOR TURÍSTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A intención do goberno é conceder subvencións complementarias aos negocios que se van a beneficiar da convocatoria da Xunta
 
O alcalde, Telmo Martín, o concelleiro de Promoción Económica, Marcos Guisasola, e a técnica de Turismo, Romina Fernández, reuníronse esta semana co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos (CETS), Alfonso Martínez, e membros da directiva do colectivo para analizar e compartir estratexias e solucións de cara aos próximos meses, especialmente a tempada alta, cando Sanxenxo acolle máis visitantes. Ambas as partes confían que a mellora da situación sanitaria pola vacinación permitirá mellorar os datos de 2020.  Neste sentido, coincidiron na importancia de manter medidas de seguridade e outras estratexias que lograron que Sanxenxo o verán pasado fose percibido como un destino turístico seguro. Por iso, os reforzos de servizos e persoal a maiores dos que xa se facían calquera verán volverán ser imprescindibles para conseguilo. 
 
O alcalde confirmou que o Concello dará axudas directas a aqueles negocios e autónomos que se beneficien da convocatoria da Xunta. A idea é complementar o apoio autonómico cunha axuda específica do Concello. En 2020, cando irrompeu a pandemia, o goberno paralizou investimentos previstos para poder destinar 1.015.890 euros para apoiar a actividade turística. Así se aprobou a exención da taxa de terrazas por importe de 300.000 euros e destináronse 715.890 euros de gasto extra para facer de Sanxenxo un destino seguro (vixiantes de praia, adquisición de drones, desinfección dos baños dos areais cada hora e media, cuadrículas de Silgar, auxiliares de policía extra, etc.)
 
Outro dos asuntos abordados e que ocupan a ambas as partes é a implantación da rede de fibra en todo o termo municipal. O alcalde reuniuse en varias ocasións coas compañías de internet e a conclusión é que hai situacións inexplicables. Por exemplo, lugares onde chegou a fibra e, con todo, négase a conexión a veciños que viven a 100 metros. Por iso, o goberno decidiu encargar un estudo moi rigoroso. En Sanxenxo hai moitos lugares que carecen dunha rede de fibra que afecta a vivendas e establecementos. A parroquia de Vilalonga, A Revolta e a zona da Lanzada en Noalla o que supón un hándicap importante para os hoteis. Outras zonas puntuais en Nantes, en Dorrón e Bordóns, así como algunhas rúas do centro da vila de Sanxenxo. 
 
 
 
                           
 
0
0
0
s2sdefault