Concello de Sanxenxo - A NOVA CONCESIONARIA DO CICLO DA AUGA REALIZARÁ 81 ACTUACIÓNS PARA MODERNIZAR A REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
O 73% das actuacións executaranse nos dous primeiros anos, priorizando as melloras que máis benefician aos veciños 
 
A nova concesionaria do servizo de auga, rede de sumidoiros e depuración que resulte elixida no concurso publico terá que facer melloras valoradas en 11.632.277 €. En concreto, vanse a facer 81 actuacións repartidas polas sete parroquias que van permitir a modernización e universalización do servizo de abastecemento e saneamento. 
Os proxectos divídense en 3 áreas de actuación: 
 
1. Renovación das redes de abastecemento e saneamento con 15 actuacións que suman o 19% do investimento total (11,6 M€). Destaca a substitución da tubaxe de abastecemento de auga entre Major e Portonovo de fibrocemento de 200 milímetros por unha de maior capacidade de PVC e 250 milímetros. Outras melloras deste capítulo son a substitución dos colectores de saneamento de Xuncablanca en Vilalonga, A Revolta en Noalla e a rúa Rafael Picó de Portonovo entre outras. 
 
2. Instalación de novas redes de saneamento e abastecemento con 59 actuacións que concentran o 46% do investimento total. Este capítulo vai permitir mellorar o servizo de saneamento e abastecemento de 726 vivendas repartidas nas 7 parroquias. As actuacións van beneficiar de maneira directa a 3.000 veciños e indirectamente a todo o concello.
 
3. Novas instalacións de abastecemento de auga con 7 actuacións que supoñen o 35% do investimento total. A mellora máis destacable é a construción dun novo depósito de auga de 5.000 m3 o que supón incrementar a capacidade de almacenaxe un 28%, xa que Sanxenxo dispón actualmente de 7 depósitos que poden almacenar 18.065 m3. Outras actuacións relevantes son a conexión entre a toma da auga que chega do Umia e o depósito de O Castro e deste coa parroquia de Padriñan e a zona de Major en Noalla. 
 
O prego de condicións do concurso público establecerá que o 73% das actuacións teranse que executar nos dous primeiros anos da concesión, o 27% restante nos dous anos seguintes. 
 
Estas actuacións xunto ás previstas no convenio con Acuaes, mellorarán a depuradora e os bombeos de augas residuais, e converterán a Sanxenxo nun referente no tratamento e depuración das súas augas. O goberno considera que coidar das dúas rías que bañan Sanxenxo é o mellor investimento que podemos facer para seguir sendo un destino turístico de éxito, un destino sustentable.                          
 
0
0
0
s2sdefault