Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 156 ESCOLARES DE SANXENXO PARTICIPARÁN NUNHA XORNADA DE LIMPEZA DAS PRAIAS E DA SÚA CONTORNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A actividade está organizada pola Concellería de Medio Ambiente coa colaboración de Albia Servizos Funerarios
 
 
Area de Agra, Nanín, Baltar, Major e Montalvo recibirán o vindeiro venres a 156 escolares dos colexios Magaláns, A Florida, Portonovo, O Cruceiro e Nantes que se encargarán durante dúas horas e media da limpeza dos areais e a súa contorna. O obxectivo desta iniciativa de educación ambiental é incidir na importancia do coidado do medio ambiente e a sensibilización co lixo depositado no mar.
 
A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, organiza esta actividade en colaboración con Albia Servizos Funerarios que volve mostrar a súa sensibilidade co coidado da contorna e encargarase de proporcionar o material de limpeza e fretar dous autobuses para o desprazamento dos centros máis afastados dos areais, Montalvo e Major. A actividade levarase a cabo entre as 10 e as 12:30 horas do próximo venres, en cinco areais do municipio, un día antes do Día Mundial do Medio Ambiente.
 
O Concello de Sanxenxo mantén a súa implicación coa protección da súa contorna natural e xa traballa nunha iniciativa que levará a cabo nos centros escolares, a partir do próximo curso, para incentivar o coidado do medio ambiente entre os máis pequenos e onde se traballarán as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).     
0
0
0
s2sdefault