Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 21 LOCAIS PARTICIPAN NO XI CONCURSO DEGUSTA TAPAS CON 31 PROPOSTAS TRADICIONAIS E CREATIVAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A casa mariñeira de Don Fernando acolleu esta mañá a presentación da cita que dá comezo este venres e prolongarase ata o 20 de xuño
 
Tras un ano difícil, a hostalaría volverá mostrar o seu músculo no XI Concurso Sanxenxo Degusta Tapas con 31 propostas, 16 tradicionais e 15 creativas, desde este venres e ata o próximo 20 de xuño. A casa mariñeira de Don Fernando acolleu esta mañá a presentación da cita cunha mostra dalgunhas das tapas de altísima calidade que os 21 locais participantes ofrecerán por tan só 2 euros sen consumición.
 
O alcalde, Telmo Martín, destacou a importancia do concurso dun sector especialmente golpeado pola crise sanitaria. "Estou moi emocionado porque este acto ten hoxe un significado especial que demostra a garra e a profesionalidade da hostalería do municipio. Agora o que nos toca e apoialos consumindo estas tapas que teñen tan boa pinta. Dende aquí convido aos veciños e veciñas, pero tamén aos visitantes que proben a nosa gastronomía e participen no Degusta Tapas", indicou. 
 
Os locais participantes nesta edición son A Codia, A Postiña, Arrocería Boca do Río, Asador O Aserradero, Cervecería Azor, Cervecería O Aviador, El Puente, El Puerto, Gastro Bar La Cueva, Jaco's Bar, La Jugosa Burguer Bar, Lilaina, Mesón Fontán, Pepa A Loba, Real Club Náutico de Sanxenxo, Restaurante Fidel, Restaurante Xerfa,Taberna A Batea, Taberna Viña Pedreira, Tapería A Portonovesa e Terraza do Mar. E algunhas das propostas son Lagostino rechea de mexillón, algas wakame e maionesa, penca de tetilla e cecina, chili de mexillóns, criollo jugoso, canelón de carrillera galega, brioche de xema curada e salsa de foie ou faxiña de cocido galego con espuma de pataca, entre outras.
 
Cada establecemento disporá de Degustamapas con 21 selos que os clientes irán marcando por cada unha das tapas consumidas en diferentes locais. A partir de 5 selos participarán nun sorteo de 20 tickets agasallo para distintas actividades de lecer e tempo libre, visitas guiadas a adega con cata e obsequio e viaxes en barco a Ons para 2 persoas.
A partir de 10 selos, participarán no sorteo de todo o anterior, así como dunha estancia de dúas noites para dúas persoas en hotel de 4 estrelas en Galicia, 2 sesións de SPA para 2 persoas e 1 viaxe en barco pola Ría para dúas persoas. Con todos os selos (21 selos) optarán a todo o anterior e, ademais, as 21 primeiras persoas que entreguen o Degustamapa completo na Oficina de Turismo de Sanxenxo conseguirán unha comida ou cea para dúas persoas nun dos establecementos do concurso Sanxenxo Degusta Tapas.
0
0
0
s2sdefault