Concello de Sanxenxo - A ZONA DE PREFERENCIA PEONIL DO PASEO DE SILGAR REPINTARASE O MÉRCORES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos efectúanse dentro do período de garantía da obra
 
 
 
A zona de preferencia peonil do Paseo de Silgar repintarase este mércores dentro do período de garantía da obra e, por tanto, sen que supoña custo algún ao Concello de Sanxenxo. A actuación enmárcase dentro do plan de mantemento e conservación anual que se realiza cada ano en distintos puntos do municipio.
 
O pintado, que se centrará nas zonas de maior desgaste debido ao tránsito de vehículos, obrigará a cortar o tráfico no tramo da Rúa Madrid durante toda a xornada establecendo itinerarios alternativos. A regulación do tráfico realizarase a través de semáforos e con supervisión da Policía Local.
 
Os vehículos que queiran acceder a Carlos Casas deberán facelo desde a Rúa Progreso e baixar por Rúa Consistorio. A Rúa Cesteiros cambiará a dirección de baixada para dar servizo aos veciños do tramo da Rúa Madrid afectado polo corte. O tráfico restablecerase con normalidade a primeira hora da mañá do xoves.
0
0
0
s2sdefault