Concello de Sanxenxo - O XVII CAMPUS POLIDEPORTIVO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN CON 40 PRAZAS DISPOÑIBLES POR QUINCENA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os inscritos poderán practicar distintas modalidades deportivas na contorna da praia de Baltar
 
Sanxenxo volve apostar un ano máis pola actividade ao aire libre e o deporte co "XVII Campus Polideportivo. Vive o deporte". A actividade está dirixida a nenos de 1º de Educación Primaria até 4º da ESO durante este curso escolar e está dividida en tres quincenas de xullo e agosto. O prazo de inscrición ábrese hoxe con 40 prazas por quincena (do 5 ao 16 de xullo, do 19 ao 30 de xullo e do 2 ao 13 de agosto). O horario é de mañá de 10 a 13 horas. 
 
O emprazamento das distintas actividades será a contorna da praia de Baltar onde os participantes practicarán piragüismo, natación, actividades acuáticas, salvamento deportivo, xogos na praia e deportes en equipo.
 
As reservas deberán tramitarse na Casa de Don Fernando coa seguinte documentación: Solicitude, autorización familiar, cartón sanitario do participante ou fotocopia, fotocopia do DNI e fotocopia do Libro de Familia.
 
En canto á tarifa, será de 30 euros por quincena e contémplanse dous descontos, un do 100% para familia numerosa especial, e do 50% para familia numerosa. Os nenos e nenas que participen no campus deberán levar roupa deportiva e roupa de baño, protección solar, auga, gorra, toalla, chanclas e gorro de piscina. 
 
O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, asegura que se "trata dunha actividade de verán que funciona moi ben coa que fomentamos un hábito saudable como é o deporte e axudamos a conciliar a vida familiar e laboral".
 
0
0
0
s2sdefault